O AMOR, L´AMOUR


Título: O amor, l´amour
Colección: Algo así debeu pasar...
Autor: Pepe Carreiro
ISBN: 978-84-617-3292-0
Páxinas: 96
Tamaño: 120 x 165 mm
Encuadernación: Rústica
PVP: 11€
Sinopse: 
No breve, mais intenso, período histórico no que o exército de Napoleón andou por Galicia, Maximina, a protagonista desta historia, unha moza aldeá estrambótica para o seu tempo, quere pór en práctica cos seus veciños as refinadas maneiras do galanteo que aprendeu nas novelas libertinas francesas, ás que é afeccionada.
Na súa teima por todo o francés, vai a Compostela á procura dos soldados napoleónicos, coidando que cada un deles é pouco menos que un Voltaire. Toda esta marabilla ocorre nun mundo machista no que mesmo as propias mulleres se alían cos homes para loitaren contra elas mesmas.