QUEN SOMOS

O PAPAGAIO foi creado no ano 2016 por Abraham Carreiro e está editado por Edicións Moito Conto. A teima de Abraham de mesturar debuxo e xornalismo vén de lonxe, dende que descubriu os cómics do debuxante e reporteiro Joe Sacco. O Papagaio reune as dúas cousas, debuxo e xornalismo, por iso está aquí.
O xornal é posible grazas ao traballo de persoas como: Alex Red, Andrés Magan, Iago Araujo, Macarena Montesinos, María Lema, Mr. Lupo, Pepe Carreiro, Xoán Abellón, e outras tantas, que colaboran en cada número asesorando, escribindo, debuxando…
Pero se O PAPAGAIO non chegase ás mans dos lectores e lectoras cada mes, o proxecto non tería sentido, e iso é posible grazas á distribución do Consorcio Editorial Galego.