PRESENTÁMOSVOS UN LIBRO MOI ANIMADO: ESTUDIOS TEX. O MUNDO DOS DEBUXOS ANIMADOS

Gústanvos os debuxos animados e gustaríavos crear as futuras películas de animación? Pois este é o voso libro!
"Estudos Tex. O mundo dos debuxos animados" é un proxecto editorial e didáctico, enfocado ao público infantil, que pretende achegar o marabilloso mundo dos debuxos animados a través dunha historia divertida e de suspense. A historia consta de oito capítulos, separados por unha páxina de descanso, os Intermedios, onde os máis pequenos atoparán xogos relacionados cos debuxos animados cos que aprenderán os primeiros pasos para crearen as súas películas de animación.