PRESENTACIÓNS DO LIBRO ESTUDIOS TEX

O libro está a ser presentado por diferentes colexios e librarías de Galicia. Nas presentacións, os nenos e nenas, ademais de coñeceren aos protagonistas, realizan un obradoiro onde poñen en práctica algúns trucos para se iniciaren na creación de películas de debuxos animados.
Debaixo podedes ver algúns dos agasallos que o autor, Abraham Carreiro, recibiu do alumnado do CEP Carlos Casares de Alxén, de Salvaterra. Grazas!