NOVO LIBRO DE PEPE CARREIRO: O AMOR, L´AMOUR

Xa está nas librarías o primeiro libro da colección "Algo así debeu pasar...": O AMOR, L´AMOUR. Esta nova colección, deseñada por Pepe Carreiro, conta historias particulares de personaxes de ficción que se desenvolven mentres transcorren acontecementos senlleiros para a historia de Galicia.

Neste caso os protagonistas vivirán unha aventura no breve, mais intenso, período histórico no que o exército de Napoleón andou por Galicia.